Camariñas xa pensa no Carmen

Unha das festas con máis sona do verán costeiro ten lugar en Camariñas. As procesións marítimas do Carme camariñán son unha cita ineludible. O programa trae de todo, coma sempre cun protagonismo especial para as orquestras pero con danza de arcos, procesións...

A festa comezará o venres 15 de xullo, coas clásicas 21 bombas de palenque e as orquestras Cinema e Master.
Para o sábado 16 de xullo, haberá procesión ata a Igrexa de San Xurxo coa Danza de Arcos; misa cantada e a Procesión Marítima dende a lonxa vella. A sesión vermú e a verbena serán coa Limón e Tambo. Ademais a noite pechará cunha espectacular traca de fogos de artificio á 1:00h da mañá.

Non parará a festa o domingo 17 de xullo con procesión ata a Igrexa de San Xurxo coa Danza de Arcos, pasarrúas coa Charanga NBA, e verbena con Philadelphia e Abanico.

O luns 18 será o día especial da comisión, que celebrará unha sardiñada na Area da Vila a partir das 14:00h e se hora de peche...

Máis festas

Con todo, a parroquia camariñá non ten tempo para pensar no Carmen pois aínda quedan as citas ca Lumarea de San Xoán e cas Festas de San Pedro da Ponte do Porto.

Máis información festeira

Novas relacionadas

Novas do Carme