Camariñas prepara a Lumarea de San Xoán

09:35 09/06/11

O ano pasado levaron 100 tractores de leña. Este ano a cachela, ou lumarea, de Camariñas , celebrarase na noite do xoves 23 de xuño no marco incomparable da Praia de Area da Vila.
Non faltaran os inchables para os nenos, a musica tradicional e tampouco as orquestras. E como non, as tradicionais sardiñas, que como vén sendo habitual, serviranse con cachelos e broa.
A partir das doce da noite prenderanlle lume á "maior lumarea de toda Costa da Morte", como aseguran. Este ano, como novidade, vai ter un encendido espectacular.
Novas relacionadas
Máis información
Fonte
- Nota de prensa da Asociación Lumarea.