Camelle abre hoxe as Festas do Espírito Santo

Hoxe, venres 10 de xuño, Camelle abre as súas Festas do Espírito Santo, cunha gran churrascada a partir das 21:00h, seguinda dunha boa festa rachada.

Para o sábado 11 de xuño toca pasarrúas co grupo de gaitas Jolpe de Mar. Trala misa, a orquestra Ciudad Cristal amenizará a sesión vermú. E repetirá pola noite coa Philadelphia.

As festas rematan o domingo, que comeza coa Banda de Música de Arzua e sesión vermú e verbena cunha Gran Orquestra.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).