Camelle mergúllase no salgado programa Vento do Nordés

Visita guiada ao Museo dos Naufraxios de Camelle

Inaugáronse os actos esta tarde de mércores 7 de agosto os actos do programa Vento do Nordés. Organizado pola Deputación da Coruña baixo a coordinación da Asociación Naufraxios Galegos e a colaboración municipal, o programa contará con charlas, presentacións, visitas e música ata o sábado 10 na vila de Camelle.

Xurxo Rodríguez e Xurxo Souto 
Xurxo Souto en Camelle

O acto da inauguración, coas gaitas de Jolpe de mar, foi na terraza da Sala dos naufraxios e da historia marítima de Camelle, no Museo de Man. De contado Xurxo Souto guiou unha velada máis que agradable, presentando os seus contos do mar de Irlanda, co seu acordeón, e facendo que os presentes se lanzasen a compartir tamén as súas historias salgadas.

Foto de familia do Vento do Nordes en Camelle

A xornada incluíu unha visita guiada á Sala dos Naufraxios, e a proxección do filme Sica, rodada na Costa da Morte, e posterior intercambio de opinión.

As xornadas continúan o xoves con visita guiada no Museo ás 19:0h, charla con Rodrigo Costoya e a proxección do documental feito sobre as xornadas do City of Agra.

Así ata o sábado.

Máis novas