Arrinca hoxe “Vento do Nordés”, o novo programa salgado de Naufraxios Galegos en Camelle
07:50 07/08/24
A Deputación da Coruña, en colaboración coa Asociación Cultural Naufraxios Galegos e o Concello de Camariñas, organiza unha nova serie actividades vinculadas co patrimonio mariñeiro en Camelle.
Despois do novo éxito do meirande programa arredor dun Naufraxio en Galicia, o do City of Agra, chega novo programa cultural: Vento do Nordés.
Comeza hoxe mesmo, mércores 7 de agosto, e ata este domingo 10 de agosto haberá música, cine, visitas guiadas, contos…
Programa
MÉRCORES, 7 DE AGOSTO
- 19 h. Inauguración do evento, ás portas do Museo de Man cun discurso institucional ao que seguirá unha peza musical interpretada a cargo da banda camellá Jolpe de Mar.
- 19.15 h. Visita guiada á Sala dos Naufraxios e da historia marítima de Camelle.
- 20 h. Charla: "Décimo aniversario de Contos do Mar de Irlanda e outros contos do mar" , a cargo de Xurxo Souto.
- 21:30 h. Proxección do filme SICA, filmada na Costa da Morte. Ao remate da película haberá unha mesa redonda entre os asistentes ao acto, entre os que se contará con membros da Confraría de Pescadores de Camelle, participantes nesta película.
XOVES, 8 DE AGOSTO
- 19 h. Visita guiada á Sala dos naufraxios e da historia marítima de Camelle.
- 20 h. Charla: "As orixes galegas de Colón", impartida polo escritor Rodrigo Costoya.
- 21. 15 h. Proxección do documental "Un pobo unido pola traxedia" que recolle a experienza da filmación por parte da produtora Visual Lab, da III edición dos actos conmemorativos do naufraxio do City of Agra, celebrados en Camelle e Arou no 2022.
VENRES, 9 DE AGOSTO
- 11 h. Obradoiro de iniciación á construción das maquetas de barcos, impartido polo mariñeiro local, Manolo Pose Suárez Manolo do Canle.
- 20 h. Roteiro nocturno histórico por Camelle, homenaxe a José Baña Heim coa participación do grupo de teatro "Os contos non enchen".
SÁBADO, 10 DE AGOSTO
- 11 h. "Pintar un Deus". Actividade MULTIDISCIPLINAR impartida por Xosé Iglesias.
- 12.30 h. Roteiro "A pegada da época dos naufraxios no Camelle urbano". Coa actuación do grupo de pandereteiras Mar Devalado como clausura do acto e das Xornadas.
Todas as actividades celebraranse no Museo de Man, agás os dous roteiros que sairán do Palco da Música, ao carón da praia de Camelle.