Camelle recupera o sentir dos náufragos e homenaxea a Baña Heim

Fernando Patricio Cortizo guiando o Roteiro maritimo historico por Camelle

Semana completa en Camelle cas Conversas Atlánticas. Unha cita singular, organizada pola asociación Naufraxios Galegos, que pretende recuperar a cruel historia dos nosos cantís e facer outra merecida homenaxe ao moitas veces esquecido José Baña Heim.

Arrincaban as xornadas o pasado martes 11 na Casa do Alemán, presentaba as xornadas Fernando Patricio Cortizo xunto ao concelleiro Juan Carlos Canosa, presentando ademais a guía turística editada en papel sobre o “Roteiro marítimo-histórico por Camelle, homenaxe a José Baña Heim”, coa presencia de Juanjo Sanchez prego.

Juan Carlos Canosa e Fernando Patricio Cortizo

A sesión deste pasado mércores do Pilar foi moii interesante, pois precisamente coa axuda da guía, e do guía Patricio Cortizo, un grupo de 15 persoas arrincaron, chegando ás 30, cando se fixo a homaxe aos náufragos, a ofrenda floral polo nenos da escola no Campo de Area, monumento adicado a eles no paseo marítimo, homenaxe que quedara adiada do día anterior pola choiva.

Homenaxe aos naufragos dende Camelle
Ofrenda floral aos naufragos en Camelle
Publicado en papel o Roteiro Marítimo Histórico por Camelle homenaxe a Bana Heim

Un emotivo acto que quixo “honrar a memoria dos fillos desta vila que naceron no mar e das familias que padeceron a súa perda. Nun acto que sirva para lembrar a todos os náufragos da Costa da Morte, especialmente aqueles que ao longo da historia deixaron as súas vidas neste bravo, fértil e maxestoso litoral; otros tiveron a sorte de sobrevivir aos naufraxios ao seren rescatados por mariñeiros camelláns, e unha vez a salvo, en terra, grazas a hospitalidade dos veciños e veciñas desta vila, foron acollidos nas súas casas, e no almacés de salvamento, crubdino as súas necesidades máis perentorias… Para as xentes que fixeron desta terra e deste mar o seu modo de vida, e das que herdamos historia, oficios, costumes e lendas, vaia a nosa máis sinceira e sentida homenaxe”, leron durante a ofrenda.

Remataron o roteiro na Caseta de Man, pois a forte ondaxe impedíu pasear polo dique e que se achegaran á Pedra do Porto, lugar de numerosos naufraxios.

Máis Conversas esta fin de semana

O progama continúa o venres cos relatorios na Casa do Alemán a partires das 19:30 horas, con Esteban Petrallo, David Fernández Abella, para despois facer un roteiro polos bares de Camelle e disfrutar dos pinchos e das fotografías históricas sobre Man que neles se expoñen.

O sábado a cousa arrinca ás 12:15 cun pequeno roteiro creativo para os cativos no Campo da Area. A partir das 19:30h novos relatorios con Álvaro Barros e o organizador Fernando Patricio Cortizo, que presentará o seu libro sobre naufraxios, con remate de cea no Bar A Muralla e concerto de óscar Fojo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).