Xoves. 28.03.2024
El tiempo

De pecios ou tesouros submariños

De pecios ou tesouros submariños
Unha das ancoras do seculo XVI das que fala Miguel San Claudio

Que os naufraxios e os pecios son un verdadeiro tesouro na Costa da Morte non é novidade. Temos falando de pecios, de naufraxios, de homenaxes, de mapas... Sempre demostrando o potencial simbólico da Costa da Morte en materia de Necroturismo.

Hoxe, da man do arqueólogo subacuático máis vencellado aos fondos mariños da Costa da Morte, Miguel San Claudio, e do grupo de Facebook "Naufragios", tomamos nota de como foi a campaña 2013 na ría de Fisterra, que vén de rematar esta semana e da os especialistas xa están á espera de medidas e datos.

Unha campaña algo probre, sen practicamente axudas públicas máis alá da aportación do INA da Texas A&M University, que permite que a empresa Arqueonaut respirar baixo a auga. I é que xa non só rexeitan un máis que xusto Museo Subacuático na Costa da Morte se non que non hai axudas para o proxecto Finisterre Project. Apenas o Concello e a confraría fisterrás, ademais da empresa Buceo Finisterre botan unha man.

Conta o propio Miguel San Claudio que esta semana baixaron ver a áncora para situala no GB submariño. Non puideron seguir a pista da outra áncora atopada, pero o camiño, cando haia tempo e fondos, está marcado, pois "é posible que haia máis sorpresas", deixa caer.

Fala San Claudio dun pecio de 1596... falamos do século XVI... Esto é historia.

Canon de bronce do seculo XVI nun dos pecios do mar de Fisterra Outra das ancoras submarinas dun pecio FInisterre-Costa da Morte-Galicia

Precisamente deste áncora fala neste vídeo Alicia Carrilo, de Buceo Finisterre:

Entrevista Alicia Carrillo (Buceo Finisterre) from Bubble Media on Vimeo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios