O City of Agra: o meirande programa cultural dedicado a un naufraxio en Galicia

Así foi a celebración do 2019 do programa City of Agra

A pandemia afundiunos a celebración do ano pasado, pero a Asociación Cultural Naufraxios Galegos volve este 2021 con máis forza que nunca, para lembrar a nosa historia salgada. Poñen xa cita para o meirande programa cultural dedicado a un naufraxio en Galicia: City of Agra. E mira que na comarca celebramos o Serpent, o Naufraxio de Laxe… pero o programa “124 anos na memoria do City of Agra” encherá de historia as vilas de Camelle e Arou durante 3 días: o 15, 16 e 17 de outubro de 2021.

A actividade principal será inauguración dunha gran exposición sobre o naufraxio deste buque mixto británico, o SS City of Agra. Pero tamén haberá un roteiro animado que percorrerá todo o litoral comprendido entre Arou e Camelle, varias recreacións históricas, entre elas, a arribada dos náufragos ao porto de Camelle que transcorre de noite nun ambiente moi emotivo e unha homenaxe aos náufragos da Costa da Morte entre outras.

Os tres días que dure o evento cultural, haberá unha carpa a carón do Museo de Man que acollerá unha Feira Mariñeira con postos de excelentes artesáns e artistas, tanto locais como da provincia, así como recreacións dunha palillada, do desmalle da sardiña e unha foliada.


Rutas con Fernando Patricio Cortizo

Imaxes da celebración do programa sobre o City of Agra en 2019

Novas relacionadas