Xoves. 24.09.2020
El tiempo

As historias dos naufraxios percorren espazos singulares

Representacion teatral dos naufraxios de Aantena en Traba de Laxe
Representacion teatral dos naufraxios de Aantena en Traba de Laxe
As historias dos naufraxios percorren espazos singulares

Esta sería a fin de semana grande nas Festas de Laxe que terían no Naufraxio do luns 17, o gran foco de atracción. E malia que a intención inicial era realizalo, o covid impide desenvolvelo como tal.

No canto dese especial Naufraxio, Laxe, concretamente a zona de Traba, serviu para baixar o telón da nova proposta de Aantena arredor dos naufraxios. Durante esta primeira fin de semana de programa teatral arredor do patrimonio inmaterial do mar, a compañía costeira percorre lugares tan singulares como Traba, o Cemiterio dos Ingleses ou as Pedras da Barca, e continuará a vindeira fin de semana con outro “tour” pola comarca.

Faino contando historias sobre naufraxios míticos da zona. E a resposta da xente está sendo moi boa. Nas primeiras dúas puideron colgar o cartel de “completo” con 75 persoas en Traba e unhas 30 no íntimo escenario do Trece.

”Non é un espectáculo de masas, nin esa é a intención”, valora Bernardino Martínez, director e actor dos espectáculos, e “vemos que está funcionando”. O modelo é que cada ano levan ao Homenaxe ao Serpent, dándolle un protagonismo especial aos lugares, aos espazos, que se convirten en personaxes da historia.

Aantena representa os Naufraxios

De feito, o guión cambia en cada espazo repasando as historias que José Baña Heim ten colleitado na súa mini enclopedia de naufraxios costeiros. “Aí tes todo. Non só números, son anécdotas, son historias”.

En Traba contaron a historia do Kenmore, no cal salvamento fíxose gracias aos veciños que lanzaron con bombas de palenque coas que lle achegaron uns cabos. Un dos 3 barcos dos que o periódico Noroeste acuñou o nome da Costa da Morte nunha reportaxe en 1904.
Tamén contaron “a historia do Chamoix, cando se correo o bulo que ía cargado de bois… menuda historia… Ou o do Adelaida, o do Banora, que levaba 1.600 toneladas de laranxas, do City of Agra, claro…

Como os naufraxios teñen unha carga ben profunda, sempre acaban con festa, con música e “unha comparsa duns piratas da Ponte do Porto que recuperamos dun entroido, sobre o naufraxio o Nil, o “Corte Inglés” andante, que levaba champán, perfumes….”

Representacion teatral dos naufraxios de Aantena en Traba de Laxe 2

Máis citas

O programa continúa, con sábado 15 na Punta daBarca, domingo 16 en Arou, o 21 de agosto na Ermida de Santo Hadrián e o 22 en Razo. Anímense a reservar praza en www.aantenasc.com.

Novas relacionadas

comentarios