Crean as primeiras máscaras sanitarias de encaixe para eventos

Mascaras sanitarias de encaixe feitas por Esteban Freiría

Segue o encaixe adaptándose aos tempos. E unha proba son as novas creacións do deseñador galego Esteban Freiría: máscaras sanitarias con encaixe de Camariñas.“Esto surxiu da necesidade de poñerse a traballar. Eu vivo nun lugar onde traballo moito para eventos, festas, hoteis... e hai que adaptarse. Desde o primeiro día moitas persoas me chamaban e decidinme por facer máscaras sanitarias. Púxenme en contacto con persoas do sector sanitario que me indicaron a mellor maneira de executar estes traballos”, comenta o deseñador.

O artista vigués afincado en Marbella materializou as súas creacións baseándose en dúas ideas principais: moda nupcial, confeccionada con tela elástica de cor carne, con encaixe bordado e ‘ribeteado’ con encaixe de Camariñas, e motivos florais de latón coa firma de Ana Freiría, a súa sobriña.

O segundo modelo, baseado no etnicismo, está confeccionada con tela vaqueira e adornada con encaixe e contas de madeira. Todos os modelos levan un bolsillo interior para introducir o filtro TNT. Este último, ademais, xa está vendido para clientes galegos.

Cabe destacar que os modelos son todos personalizados, creados de xeito individual para que “ningunha persoa repita modelo”, indica o deseñador.

Novas relacionadas