Martes. 11.08.2020
El tiempo

A primeira Mostra do Encaixe Virtual chegou a máis de 230.000 de todo o mundo

A primeira Mostra do Encaixe Virtual chegou a máis de 230.000 de todo o mundo
Capturas de participantes na Mostra do Encaixe Virtual
Capturas de participantes na Mostra do Encaixe Virtual
A primeira Mostra do Encaixe Virtual chegou a máis de 230.000 de todo o mundo

Quen lle ía dicir á Mostra que ía dar un salto de ˝audiencia” durante esta corentena. Pero a realidade é que a primeira Mostra do Encaixe de Camariñas - Deputación da Coruña que se fai de xeito virtuall, chegou a máis de 230.000 usuarios únicos en todo o planeta (falando só en termos de alcance a través do Facebook da Mostra, sen contar as visualizacións do Youtube).

Esta gran repercusión débese á proxección internacional da Mostra xa que as delegacións que participan na Mostra compartiron a Mostra polas redes de Brasil, Arxentina, Polonia, Italia, República Checa, Xapón... Volvendo a demostras a capacidade da Mostra e do Encaixe de adaptarse aos novos tempos, como fixo convertindo unha artesanía centenaria nun elemento de moda de vangarda.

Foron 175 os vídeos subidos dende o mércores ao domingo, con protagonistas que van dende Grandes Deseñadores ata os concursantes do certame de Jóvenes Deseñadores e pasando polos voluntarios, artistas, Artencaixe, Pequencaixe, xuntanzas palilleiras, delegacións internacionais, institucións, empresas, fotógrafos, medios de comunicación, stands, agrupacións folclóricas, policía local ou o modelo internacional Damián Álvarez, protagonista desta edición. En definitiva, toda a familia que forma parte da Mostra.

Foi a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, a encargada de pechar a Mostra, desexando que “este sexa o primeiro paso para, no 2021, facer a mellor edición da Mostra que se recorda”, a do 30 aniversario.

 

Novas relacionadas

comentarios