A Deputación explica o retraso das obras de humanización do paseo da Ponte do Porto

Presentación do proxecto das obras de humanización do paseo da Ponte do Porto no Casino

Ano e pico despois da súa presentación oficial a Deputación presentaba onte o proxecto técnico das obras de acondicionamento da travesía de Ponte do Porto. Un erro na tramitación do proxecto provocou este retraso, polo que a entidade provincial tivo que licitar de novo as obras da primeira fase, cun orzamento de 400.446 euros.

Valentín González Formoso e Sandra Insua, ademais do deputado de Obras José Manuel Pequeño, mantiveron unha reunión no Casino, coa veciñanza para explicarlles o retraso no inicio das obras, e avanzaron que comezarán a principios de 2020. Así mesmo anunciaron que xa está en remataron tamén a redacción do proxecto técnico para a segunda fase das obras, que continuarán as melloras na travesía ata o PK 0+740 cun investimento adicional de 493.156 euros.

As obras

Os traballos, que comezarán en xaneiro, contemplan o fresado da capa de rodaxe da estrada e a posterior reposición do pavimento con cinco centímetros de mestura bituminosa en quente.
Asimesmo, procederase á demolición das beirarrúas e bordos existentes e levarase a cabo unha nova distribución das zonas axardinadas. Rematados estes traballos, construiranse novas beirarrúas.
As obras tamén incluirán a creación de novas prazas de aparcamento, pavimentadas con formigón. Para delimitar o a zona de aparcamento coa calzada, disporase unha canaleta prefabricada de formigón dotada cunha reixa para que tamén cumpra a función de recollida de augas pluviais.
Para humanizar o paseo da ría e colocaranse árbores e bancos de pedra granítica, substituiranse os farois por uns novos de características similares aos xa existentes e disporanse novas luminarias empotradas ao longo do paseo. A nova iluminación será de tecnoloxía led, o que permitirá ademais un importante aforro na factura eléctrica.
Así mesmo, limparase con agua a presión o muro e a varanda, logrando deste xeito un aspecto renovado.

Novas relacionadas