Desaloxan un edificio na Ponte do Porto en plena madrugada polo incendio dun garaxe

Imaxes do incendio

Eran as 4:00h da madrugada cando o 112 recibía unha chamada dun particular porque vía saír fume negro dun garaxe, na Rúa Rio do Cura nº2, na Ponte do Porto. No garaxe hai 5 coches e unha moto no interior pero os Bombeiros de Cee, mentres van de camiño, avisan de que debe permanecer pechado, unha vez desaloxados tod@s @s veciñ@s do edificio.

O fume xa saía polo portal, e os Bombeiros teñen que acceder con nula visibilidade a causa do fume negro, provistos de liña de auga e cámara térmica. Rastreando coa cámara térmica e refrixerando gases na búsqueda e localización dos vehículos.

Tras botar preto dunha hora no interior, e malia non ter aínda o incendio controlado e con certo esgotamento físico a causa das altas temperaturas, os Bombeiros de Cee piden ao 112 que mobilice aos bombeiros de Santa Comba, se ben finalmente conseguiron extinguir o fume cunha liña de escuma.