Os empresarios de Camariñas enchen de cultura o Faro Vilán
Xa nos contaron esta semana que o Faro Vilán volve ser o único da Costa da Morte en abrir. Pero manter un Faro vivo non só implica abrir as portas, senón que supón dotalo de contido. E nesa liña a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas leva anos enchendo de exposicións o Faro Vilán.
Este mes de xuño a sala de exposición volve encherse de arte, da man das fotografías de Antonio Fernández. A súa exposición «Trece luces na nosa costa» estará todo o mes.
Nesta exposición trata de contar a historia dos faros da nosa costa, a súa función durante o tempo, e que hoxe coas tecnoloxías avanzadas instaladas nos barcos deixan de seren, ao mellor, tan necesarios pero alcanzan outra dimensión non menos importante como é un legado patrimonial para todos nós. O fío condutor dos mesmos, ademais do enclave no que están situados, é que as fotografías están feitas cunha técnica especial que aporta ás imaxes outra dimensión creativa e asombrosa. É un tipo de fotografía pouco visto e moi recomendable.
Novas relacionadas
- Vídeo: Tres cíclopes da Costa da Morte.
- A Fareira do Vilán guía a Galería Mulleres.
- A Ruta dos Faros… pechados.
- Os últimos 300 metros ata o Faro Vilán faranse a pé.
- Setembro 20: Aumenta nun 15% a cifra de visitantes no Faro Vilán.