A Ruta dos Faros… pechados


Se o contas polo mundo, a xente quedaría atónita. Pero a realidade é que a Costa da Morte leva anos promovendo a Ruta dos Faros (non confudamos co Camiño dos Faros, alleo á necesidade de apertura dos edificios), pero esquecéndose dos seus propios protagonistas. O peche do Faro Vilán o pasado mes de xaneiro pola incapacidade de seguir adiante cos gastos da brava Asociación de Empresarios de Camariñas, pon en relieve un dos grandes problemas do sector.
A falta de planificación estratéxica provoca que a Costa da Morte non conte cun só Faro aberto, cando varios dos nosos produtos turísticos máis atractivos levan o seu nome intrínseco; cando o meirande embleme turístico da bisbarra e un dos puntos máis visitados de Galicia é un Faro; cando temos un Faro nun dos puntos máis septentrionais da europa continental por onde marcha o último raio de sol cada día durante varios meses…
A Costa da Morte leva máis de 10 anos pedindo que os faros se convirtan en verdadeiros referentes, enauténticos puntos de benvida para os milleiros de visitantes que chegan cada ano. O caso do Faro Fisterra é o máis paradigmático. O que debería ser a Oficina de Turismo máis importante da Costa da Morte, o punto de entrada, despois de anos de nula xestión (aínda está nas mans da moribunda Neria, leva pechado xa dende antes do nadal de 2016, a pesar das intentonas municipais.
O proxecto de reabrir o Faro Touriñán segue esquecido nalgún caixón administativo…
Casos singulares danse noutras zonas, como en Lariño onde os veciños mantiveron unha forte campaña pola apertura do faro da Insua, que segue sen resultados.
É tan complicado poñer en común ás administracións involucradas? Por que a Autoridade Portuaria, Costas, os concellos, as entidades supramunicipais como o CMAT (esquecendo dunha vez a Neria) non se pode poñer dacordo?
Novas relacionadas
- Ada González comparte co Obradoiro de Emprego turístico a importancia das Oficinas de Turismo.
- Setembro 17: A Oficina de Turismo de Cee comeza a traballar a última semana de agosto.
- Agosto 2017: Malpica duplicou a súa ocupación turística en agosto gracias á Oficina de Turismo.
- Marzo 17: Touriñán despide o sol a partir deste venres.
- Febreiro 17: A dimisión da comisión permanente asina o finiquito da Asociación Neria.
- Febreiro 2017: Novas axudas da Deputación para abrir as Oficinas de Turismo.
- Xaneiro 2017: O Turismo dumbriés medrou un 500% nos últimos 5 anos.
- Xaneiro 2017: Máis de 61.600 persoas visitan o faro Vilán durante o 2016
- Febreiro 2016: O Turismo na Costa da Morte medrou nun 21% entre 2012 e 2014.
- Decembro 2015: Os visitantes do Faro Vilán medran nun 20% entre 2013 e 2015.
- 2014: Oficina de Turismo: Pechada por vacacións.
- 2012: Unha de Faros abertos e pechados.
- 2012: Os veciños de Lariño esixen saneamento e a apertura do Faro ao público.
- O de Touriñán, o Solpor de Europa.
- Para que o Faro recupere a súa voz.
- Unha de faros abertos e pechados.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).