La Vuelta volverá rematar no Alto do Ézaro en 2016

Fermosa imaxe de Jorge Parri de Purito gañando no Alto do Ézaro en La Vuelta 2012 ”Como non vai vir”, respondíanos o pasado xoves o alcalde de Dumbría á pregunta de se La Vuelta volverá ao Ézaro en 2016. Xa hai un mes nolo deixara caer e hoxe podemos confirmar que La Vuelta 2016 terá un final no Ézaro. Unha edición que sairá con probabilidade o 20 de agosto dende Ourense e que terá a súa cita costeira o día 23. Reafírmase así o Alto do Ézaro como unha referencia internacional neste deporte, despois do grande éxito que volveu ser o Gran Fondo este ano. E seguirá espallando o nome do Ézaro, de Dumbría e da Costa da Morte. De feito, unha das intencións do grupo organizador é que a etapa pase pola fermosa pista entre Arou o Cabo Vilán, no tempo municipal de Camariñas. Cómpre salientar que esta aposta do Concello dumbriés pola Vuelta está dirixida a convertir a bisbarra nun núcle turístico de primeira orde. Os números falan e dende aquel 2012 cando Purito gañase etapa o turismo medrou na zona en mái dun 155%.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).