Unha limpeza da Praia do Lago de Camariñas por Jane Goodall
Este domingo 5 de outubro, a familia de Mar de Fábula, e toda persoa voluntaria que queira axudar a limpar o planeta e a concienciar medioambientalmente as nosas cabezas, ten unha cita na Praia do Lago de Camariñas. Unha limpeza adicada á Doutora Jane Goodall, falecida esta semana.
A cita será ás 11:00h no aparcamento.
A entidade avisa que coas primeiras mareas fortes “está chegando unha gran cantidade de lixo á ribeira, lixo que se non retiramos da cadea de contaminación voltará tristemente ao mar”.
A entidade leva o material necesario para esta limpeza, únicamente tes que anotarte (con nome, apelidos e DNI), a efectos de cobertura de seguros, antes das 20.00 horas do sábado, 4 de outubro, no correo electrónico: info@mardefabula.gal ou no teléfono: 660242118.