venres. 03.10.2025
El tiempo

Unha limpeza da Praia do Lago de Camariñas por Jane Goodall

Unha limpeza da Praia do Lago de Camariñas por Jane Goodall
Voluntarios de Mar de Fabula limpando a praia do Lago de Camariñas 3
Imaxe da limpeza do ano pasado na praia do Lago de Camariñas
Unha limpeza da Praia do Lago de Camariñas por Jane Goodall

Este domingo 5 de outubro, a familia de Mar de Fábula, e toda persoa voluntaria que queira axudar a limpar o planeta e a concienciar medioambientalmente as nosas cabezas, ten unha cita na Praia do Lago de Camariñas. Unha limpeza adicada á Doutora Jane Goodall, falecida esta semana.

A cita será ás 11:00h no aparcamento.

A entidade avisa que coas primeiras mareas fortes “está chegando unha gran cantidade de lixo á ribeira, lixo que se non retiramos da cadea de contaminación voltará tristemente ao mar”.

A entidade leva o material necesario para esta limpeza, únicamente tes que anotarte (con nome, apelidos e DNI), a efectos de cobertura de seguros, antes das 20.00 horas do sábado, 4 de outubro, no correo electrónico: info@mardefabula.gal ou no teléfono: 660242118.

Comentarios