Man de Camelle ten a súa estatua

Tiña lugar esta semana santa o acto para o anuncio do gañador do Concurso do Concello de Camariñas “Unha estatua de Man, o artista de Camelle”, no marco do proxecto financiado polo GAC “MAN: Mar, Arte e Natureza”. Un concurso para buscar unha escultura mimética de Manfred Gnädinger, o alemán de Camelle, polo cal foi convocado o presente concurso.

O Concello de Camariñas recibiu seis propostas de diferentes artistas para levar a cabo dito encargo, anunciando o pasado 25 de marzo -na súa páxina web www.mandecamelle.com- o xurado seleccionado para a elección do proxecto final.

O gañador do concurso foi o escultor Francisco Castro Freijo coa obra “Man se queda de piedra”. O escultor, formado na Escola de Canteiros de Pontevedra, realizará una estatua en granito a tamaño natural da figura de Man.

Dito xurado está composto por D. Xosé Antón Castro Fernández como presidente - licenciado en Historia da Arte e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago e doutor en Arte pola Universidade Complutense de Madrid- e os vogais D. Enrique Velasco Vieitez, actual secretario da Escola de Canteiros de Pontevedra, e D. Xosé Manuel Barros Hermida, artista e fundador da Asociación Mar de Fábula.
Todos os proxectos do concurso serán presentados próximamente en Camelle, para posta en coñecemento do público xeral.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).