Venres. 19.04.2024
El tiempo

#12anosdoPrestige

#12anosdoPrestige
chapapote-moeda

O pasado día 11 tocaba homenaxear aos finados do Serpent hai 124 anos. Non houbo mortos, directos, e non hai tanto tempo, pero o legado do Prestige segue demasiado presente. Hoxe, 13 de novembro de 2014, ás 15:10h, cúmprense 12 anos do comezo daquela desfeita. As novas comezaban a avisar de que un vello petrolero chamado Prestige con 77.000T de chapapote, estaba afundíndose preto das nosas costas.

O ano pasado, a efeméride coincidía co xuízo pantasma o que provocaba que a ira social cunha manifestación con máis de 200 persoas nas rúas de Cee. Este ano, o cabodano do Prestige está a pasar algo máis desapercibido, se ben a data de “celebración” pode ser a do 19, cando o chapapote asolagaba as nosas praias.

Por agora nada sabemos dos recursos da Xunta e Nunca Máis a tras coñecer a sentenza de que a desfeita vai quedar sen culpables.

Seguen pasando polo Dispositivo de Separación de Tráfico de Fisterra 40.000 barcos cada ano, 15.000 deles con mercancías perigosas, e as medidas que se tomaron nestes anos apenas se notan. Mentres, segue habendo chapapote e chapapote nas nosas praias, seguimos sen helicóptero nin unha base loxística de Salvamento propia

A morte do eterno Man de Camelle, 23.000 aves afectadas con apenas un 10% de superviventes, 54 cetáceos, 4 focas, 7 nutrias e 100 tortugas; incalculables peixes, moluscos, crustáceos e especies mariñas e todos os organismos do ecosistema costero intermareal, afectando tamén á súa reprodución…

Da impotencia á rabia, da rabia á Aleghría

Unha das voluntarias que cambiaron a cor da Costa da Morte

Tomamos moitos destes datos do artigo de Lorena Martínez Canosa, e da reflexión dunha das protagonistas, Sole Méndez, unha desas voluntarias que chegaba naqueles meses de traxedia, que transformou a impotencia en rabia, que revolucionou o país a base de mobilizacións, que cambio de cor a nosa costa, e que ademais ficou na súa amada Costa da Morte. I é que en realidade, esa loita, foi historia. A súa filla fisterrá Aleghría é unha das probas.

Novas relacionadas

Seguemento especial do Xuízo do Prestige

Artigos relacionados co Prestige

Fonte

Comentarios