Mar, Arte e Natureza para recuperar a base de creatividade o legado de Man

Primeira fin de semana dos Obradoiros MAN: Man, Arte e Natureza. I é que se atopaba a casa de Man cando comezou este proxecto.

En todo caso, o proxecto nace ca idea de poñer en valor do porto pesqueiro de Camelle e recuperar do legado artístico de Manfred Gnädinger. Por iso toca remar, cunha filosofía que pasa por pintar, construir, pensar, fotografiar, escribir, compoñer, ensamblar, escoitar, percorrer, coser, expoñer, reír, dibuxar, falar, nadar, tecer, mirar, cheirar, modelar, ordenar, descubrir…

Moi creativos están a ser estes primeiros obradoiros, que arrincaban o sábado pola mañá cunha charla interactiva do catedrático de escultura Juan Fernando de Laiglesia na Casa do Alemán cos asistentes. A charla coloquio foi teórico-practica sobre os conceptos que definen a filosofía do proxecto, pois partiu o conferenciante dunha serie de elementos físicos, os obxectos que suxerían aos asistentes diversas sensacións e reflexións sobre a creatividade. E precisamente sobre ese principio esencial da obra de Man de Camelle son os obxectos atopados e a súa conversión en obxectos artísticos.

Diferentes intervencións artísticas

Pola tarde traballouse na Praia de Lobeira preto de Arou. Realizáronse tamén en outros espazos no camiño desta praia outras intervencións. Traballouse a memoria con fotos antigas, desenvolveuse a creación dun ovo dourado, de Carme Hermo, creado sobre unha pedra ao carón do museo, pensando na sacralización dunha pedra, compoñente esencial na paisaxe e na obra de man. Eva Romero fixo outra intervención, “Os gardiáns de Man, convertindo as pedras do arredor do museo nos seus gardas.

Participaron tamén tres artistas de Camelle, Marina, Mar e Marta, qu traballaron cas crebas. Ou o escultor Enrique Tenreiro, que fixo unha frecha con bolsas do lixo laranxas.

Foron máis os artistas que traballaron e experimentarios para darlle cor ao espazo do Museo de Man.

E a vindeira fin de semana, máis obradoiros, con Chisco Fernández Naval e Antón Sobral. Xa te podes inscribir en 629 818 199 ou datagestioncultural@gmail.com.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).