Mar de Fábula convoca unha nova limpeza de lixo plástico este domingo nas praias do Reira

Así están as praias do Reira

Tras inspeccionar a zona, o colectivo Mar de Fábula considera que urxe unha limpeza nas praias de Reira, coma en case todo o litoral tras o paso de sucesivos temporais. Así que este domingo 17 de marzo, aínda que chova, van realizar unha limpeza voluntaria de lixo plástico, para a que invitan a todo o mundo.

O punto de encontro será ás 11:00h no aparcamento das praias de Reira, e se ben levarán todo o material necesario (e contarán co apoio loxístico do Concello de Camariñas), solicitan, a efectos de cobertura de seguros é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI, antes da mañán do venres 15 de marzo, no correo electrónico: info@mardefabula.gal ou no 608.609.042.

”Non é o noso lixo pero sí é o noso planeta”, alentan.