Martes. 23.04.2024
El tiempo

Mar de Fábula convoca unha nova limpeza de lixo plástico este domingo nas praias do Reira

Lixo marino nas praias do Reira
Así están as praias do Reira
Mar de Fábula convoca unha nova limpeza de lixo plástico este domingo nas praias do Reira

Tras inspeccionar a zona, o colectivo Mar de Fábula considera que urxe unha limpeza nas praias de Reira, coma en case todo o litoral tras o paso de sucesivos temporais. Así que este domingo 17 de marzo, aínda que chova, van realizar unha limpeza voluntaria de lixo plástico, para a que invitan a todo o mundo.

O punto de encontro será ás 11:00h no aparcamento das praias de Reira, e se ben levarán todo o material necesario (e contarán co apoio loxístico do Concello de Camariñas), solicitan, a efectos de cobertura de seguros é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI, antes da mañán do venres 15 de marzo, no correo electrónico: [email protected] ou no 608.609.042.

”Non é o noso lixo pero sí é o noso planeta”, alentan.

Comentarios