O Museo Man e o Faro Vilán acollerán no mes de maio dúas exposicións da arte balear

  • A mostra ‘Cestos – Senalles’ estará na sala de exposicións do faro do 3 ao 30 de maio.
  • ‘Mujeres en la india’ estará no Museo Man de Camelle desde o 3 ao 31 de maio.

O Museo Man de Camelle e a sala de exposicións do Faro Vilán acollerán durante todo o mes de maio dúas exposicións nas que se poderán apreciar diferentes expresións da arte balear: ‘Cestos-Senalles’ estará no faro e ‘Mujeres en la india’ no museo.

Estas dúas exposicións están organizadas polo Concello de Camariñas e chegan á vila da man das asociacións Art amb B e Ambaca, a través do Instituto de Estudios Balearicos.

Expo no Faro

Por unha banda, a sala de exposicións do Faro Vilán albergará, do 3 ao 30 de maio, a exposición ‘Cesetos-Senalles’, unha mostra colectiva de 24 cestos artesanais intervidos por artistas mediterráneos. A cesta, un elemento que foi substituído por bolsas de plástico, serviu como elemento inspirador para os artistas, creando a partir dunha obra de artesanía unha verdadeira obra de arte.

Mulleres da India en Camelle

Pola outra, o Museo Man de Camelle acollerá, do 3 ao 31 de maio, a exposición ‘Mujeres en la india’, onde 8 artistas de Ibiza (Aphon, Carmen Liberal, Lina Ardinach, Marga Juan, Marga Guasch, Matilde Hernández, Pilar Cuesta e Patricia Boned) amosan as súas obras inspiradas na súa estancia na Fundación Vicente Ferrer en Anantapur (India), acompañadas pola poeta Yolanda Bonet. Son 24 cestos artesanais intervidos por artistas mediterráneas que reinvidica un elemento desprazado polo plástico pero que recupera a súa importancia a base da arte e da artesanía. 

A inauguración será o sábado 3 ás 19:30h, coa visita de moitas destas artistas Durante a mañá no Porto de Camariñas poderanse ver algunhas das obras realizadas polos artistas de Baleares, que tamén irán acompañadas por unha breve actuación do Coro de Mujeres de San Francesc de Inca e o Coro Brisas do Mar de Camariñas, que pola tarde dará un concerto máis completo no Museo de Man unha vez inaugurada a exposición.
Pola tarde despois de percorrer algúns dos lugares máis emblemáticos de Camariñas dirixiranse ao Museo Man de Camelle, onde se poderá ver a Exposición Mujeres na India-.
Cabe lembrar que non é a primeira exposición que ten que ver coa Fundación Vicente Ferrer que se realiza no Museo Man de Camelle, xa que se fixeron outras con anterioridade por artistas que tamén visitaran a India e que grazas a esta colaboración, o nome do Concello de Camariñas está en varias escolas nas zonas máis pobres da rexión de Anantampur. Xunto a esta exposición poderase ver un adianto doutra exposición que visitará Camariñas o ano próximo: Vai d' Ous, é unha exposición que actualmente se pode ver no Museo Puig dels Molins de Ibiz

Máis novas