Novo dique no porto de Santa Mariña

Portos de Galicia construirá un dique transversal no porto de Santa Mariña, no concello coruñés de Camariñas, para mellorar o abrigo das instalacións. Así o explicou a pasada mañá de venres o presidente do ente público na súa visita a zona para presentar o proxecto de remodelación do porto.

Portos de Galicia deseñou dúas opcións de estruturas para a mellora do abrigo, decantándose finalmente pola consistente en construir un dique de gravedad de 40 metros de lonxitude e 6 de ancho. Esta infraestrutura suporá a dotación dunha nova superficie de 240 metros cadrados.

O novo dique será transversal ao peirao actual e terá un calado de tres metros. Permitirá abrigar o conxunto das instalacións, incluíndo o peirao e a rampla. Ademáis posibilitará a habilitación dun peirao de atraque na prolongación. Deste xeito mellorarase a seguridade para as embarcacións e os usuarios de Santa Mariña.

A proposta responde a unha petición presentada pola confraría de pescadores e que a Xunta atenderá a través dunha inversión de 600.000 euros. O prazo de execución das obras previsto é de 8 meses. Finalmente, o proxecto ten en conta os valores ambientais de reseñabilidade da zona de Santa Mariña, polo que a súa execución non xerará efecto sobre as dinámicas litorais, nin os privilexios naturais do entorno.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Portos de Galicia.