O PP abre o camiño cara as eleccións

11:02 28/03/11
Comeza a campaña oficialmente e o Partido Popular completou unha completa axenda de fin de semana. Así, os grupos políticos de Vimianzo, Dumbría, Camariñas, Laxe e Carnota facían as súas presentacións. Os 4 primeiros candidatos buscarán asaltar o goberno municipal nos seus respectivos concellos mentres que o de Carnota buscará renovar o mandato.
Carmen Borbujo presentou este mediodía, no Castelo de Vimianzo, aos membros da lista electoral que concorrerán polo PP aos comicios municipais do próximo mes de maio.
A candidata popular presentou aos 21 membros de "un equipo de traballo unido e entusiasmado co noso proxecto. Un grupo renovado pero sen perder as referencias das bases", asegurou a portavoz.
O PP vimiancés escolleu o Castelo de Vimianzo para a presentación, e apuntaba que "Vimianzo necesita cambiar de gobernantes, Vimianzo necesita volver ser dono de si mesmo".
"Vimianzo para vos veciños" e "Vimianzo ten que deixar de ser o "latifundio" dunha familia e os seus amigos", foron algunhas das premisas da voceira.
O secretario provincial Diego Calvo destacou de Ramiro Igrexas que "é unha persoa que leva a Dumbría no seu corazón e na súa cabeza, e que sempre estivo preocupado polo seu municipio, polo que lle será máis fácil afrontar o reto". Por iso, destacou a necesidade de elaborar un programa que responda ás demandas da xente e que plasme os proxectos do futuro para Dumbría, co obxectivo de confeccionar un proxecto e un goberno que teña "criterio e unha única dirección, e onde o eixo central de cada unha das súas actuacións sexa o benestar dos veciños, fomentar o emprego e confeccionar proxectos de futuro para o municipio".
Tamén se presentou a candidatura de Ambrosio Oróns á alcadía de Laxe. Presentouse como "un equipo gañador e magnífico" para Laxe, destacando que "é o momento de que Laxe conte cun goberno do PP: sólido, estable e comprometido co municipio".
Por Laxe queren unidade e apotaron pola necesidade dun cambio nos gobernos locais do "triángulo vermello" formado por Camariñas, Vimianzo e Laxe.
"Temos un gran candidato; temos a mellor escuadra, pero, sobre todo, temos o mellor equipo, que son os militantes e simpatizantes do Partido Popular. Con este aval, sei que Ambrosio gobernará os próximos 4 anos en Laxe", apuntaron. "Ambrosio é a persoa indicada para liderar os retos que lle esperan ao municipio e demostrará que as cousas pódense facer doutra forma".
Sobre a candidatura, Diego Calvo recalcou que equilibra renovación e experiencia e está pensada para facer "Laxe entre todos". "Queremos - continuou- que os nosos candidatos e os nosos equipos sexan máis que nunca o fío condutor das necesidades que teñen os veciños e veciñas deste Concello, para que, coa máxima proximidade e sendo políticos de proximidade, poidan chegar aos cidadáns as melloras que necesita Laxe".
O PP destacou a José Oreiro como "un exemplo de eficacia e de xestión" para Carnota. I é que os populares confían no candidato como "garantía de futuro" para o municipio e dun "goberno con criterio e cunha única dirección". Confían en que José Oreiro dará continuidade a "un goberno sólido, estable e comprometido co municipio".
"José e o PP de Carnota son para nós un modelo de eficacia, xestión e de traballo ben feito. Basta con visitar cada parroquia para comprobar o brillante resultado desa gran tarefa realizada".
Sobre a candidatura, recalcou que equilibra renovación e experiencia e está pensada para facer "Carnota entre todos".
PP de Vimianzo


PP de Camariñas
O secretario provincial do PP, Diego Calvo, acompañado polo secretario de organización, Manuel Álvarez - Campana, e o conselleiro Agustín Hernández, asistiu, esta tarde, aos actos de presentación do candidato de Camariñas, Daniel Rego. O representante popular destacou dos candidatos "a súa proximidade e o seu afán por traballar polos veciños sempre a pé de rúa" e subliñou que son a única alternativa a "un goberno sólido, estable e comprometido co municipio". Neste sentido, Diego Calvo destacou que "Daniel é a persoa indicada para liderar os retos que lle esperan Camariñas e demostrará que as cousas pódense facer doutra forma".PP de Dumbría

PP de Laxe

PP de Carnota

Novas relacionadas
- O PP presentouse en Cee.
- Eduardo Parga, o novo candidato do PP de Malpica tralo falecemento de Jose Manuel Vila.
Fonte
- Notas de prensa do PP Provincial e do PP de Vimianzo.