Novos cursos para ser mariñeiro de baixura en Malpica

Uns mariñeiros de Malpica descargando no porto

Fan falta xentes para o mar, nestes tempos nos que as novas xeracións prefiren ter unha computadora que un palangre de ferramenta de traballo.

E nesa liña chegan os cursos de "Formación Básica" e de "Mariñeiro Pescador", que está a organizar a Confraría de Malpica, e que dan dereito a traballar como mariñeiro na pesca de baixura. Quedan poucas prazas libres.

  • Datas: De luns a venres, aínda por determinar. Comezará a finais deste mes ou principios de novembro, en canto se xunten 20 alumnos.
  • Horario: 16:30 a 21:00h. Haberá 3 días de prácticas cun horario de 09:00 a 16:00h.
  • Custe: Gratuíto.
  • Requisitos: - DNI - Ter 16 anos.
  • Inscrición: de 08:30-14:30h (L-V) no 981 72 00 11.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).