Novos cursos para ser mariñeiro de baixura en Malpica

08:27 14/10/15

Fan falta xentes para o mar, nestes tempos nos que as novas xeracións prefiren ter unha computadora que un palangre de ferramenta de traballo.
E nesa liña chegan os cursos de "Formación Básica" e de "Mariñeiro Pescador", que está a organizar a Confraría de Malpica, e que dan dereito a traballar como mariñeiro na pesca de baixura. Quedan poucas prazas libres.
- Datas: De luns a venres, aínda por determinar. Comezará a finais deste mes ou principios de novembro, en canto se xunten 20 alumnos.
- Horario: 16:30 a 21:00h. Haberá 3 días de prácticas cun horario de 09:00 a 16:00h.
- Custe: Gratuíto.
- Requisitos: - DNI - Ter 16 anos.
- Inscrición: de 08:30-14:30h (L-V) no 981 72 00 11.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).