O Castelo do Soberano, listo para poñer en valor

Sinatura do convenio entre os Empresarios de Camarinas e propietario do Castelo do Soberano

Non parece que vaia adiante o estalecimento rural do que se falaba en 2013. Pero polo menos a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas ten intención de poñer en valor o Castelo do Soberano. Así o vén de recoñecer trala sinatura, co propietario Juan José González Soto, dun convenio para permitir á entidade sen ánimo de lucro coidalo e difundilo.

”A intención é poñerse en contacto con Patrimonio para poñer en valor o que hai”, coméntanos Olga Campos, presidenta dos Empresarios, que recoñece que esta primeira fase consistirá na “limpeza, conservación e mantemento, a inclusión de paneis informativos, e a difusión do patrimonio cultural". Historia, ten abonda para contar, se ben recoñecen que "a reconstrución parecen palabras maiores".

Unha visita ao Castelo do Soberano

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).