venres. 16.05.2025
El tiempo

O Castelo do Soberano, listo para poñer en valor

O Castelo do Soberano, listo para poñer en valor
Sinatura do convenio entre os Empresarios de Camarinas e propietario do Castelo do Soberano Sinatura do convenio entre os Empresarios de Camarinas e propietario do Castelo do Soberano

Non parece que vaia adiante o estalecimento rural do que se falaba en 2013. Pero polo menos a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas ten intención de poñer en valor o Castelo do Soberano. Así o vén de recoñecer trala sinatura, co propietario Juan José González Soto, dun convenio para permitir á entidade sen ánimo de lucro coidalo e difundilo.

”A intención é poñerse en contacto con Patrimonio para poñer en valor o que hai”, coméntanos Olga Campos, presidenta dos Empresarios, que recoñece que esta primeira fase consistirá na “limpeza, conservación e mantemento, a inclusión de paneis informativos, e a difusión do patrimonio cultural". Historia, ten abonda para contar, se ben recoñecen que "a reconstrución parecen palabras maiores".

Unha visita ao Castelo do Soberano Unha visita ao Castelo do Soberano

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios