O Faro Vilán aposta polos artistas locais

Acolle o Faro Vilán unha nova exposición. Un gran xeito de reivindicar estes simbólicos puntos como espazos culturais que parte neste caso da Asociación de Empresarios de Camariñas. Desta volta, o pasado venres, inaugurouse a exposición de pintura dos artistas locais Esteban Martínez e Dolores Barcia.

A inauguración tivo unha gran acollida con numerosos veciños da zona. Os protagonistas, ao seren da casa, achegaron o Faro á veciñanza, de aí a importancia de apostar pola arte local.

A mostra poderase visitar ata o 31 de maio na sala de exposición do Faro Vilán de Camariñas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).