Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Faro Vilán recibe unha nova exposición

O Faro Vilán recibe unha nova exposición
Nova exposición no Faro Vilán da man da Asociación de Empresarios

Activo esta o Faro Vilán nas últimas datas. Boa proposta a da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas, de aproveitar o tirón dun lugar coma o Vilán para facer exposicións, que poden devolverlle a vida.

Así, finalizada a exposición no Faro Vilán de Camariñas sobre o tema do Medio Ambiente, xa se pode visitar a nova exposición sobre Patrimonio Maritimo cedida por CEIDA (Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia) no Faro Vilán de Camariñas.
A asociación de empresarios ampliou a exposición con: obxetos, fotos, maquetas, etc… cedidos por diferentes persoas, empresas… de Camariñas.

A entrada e gratuita, estará exposta cun horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas de mércores a domingo ata o día 20 de marzo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas.

Comentarios