O Mercado Solidario de Camariñas duplicou as ventas

Boa acollida tivo o Mercado Solidario de Camariñas que artellou a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas Camariñas entre o 15 ao 17 de agosto. Numerosas empresas e particulares doaron ducias de produtos para o mercado. Boa e solidaria decisión dos veciños que se achegaron polo Pavillón a facer as súas compras, que malia a crise e a complicada situación que moitas familias están pasando, fixeron posible que, por exemplo, as vendas do posto de Cáritas deste ano aumentasen en case un 50% ás do ano pasado.
Unha Cáritas que foi a beneficiaria este ano do 10% da recaudación do Mercado Solidario.

Ademais, unha morea de voluntari@s colaboraron para levar a cabo esta actividade, mesmo unhas mozas vestidas de paiasas que animaban a veciños e turistas a achegarse polo mercado solidario.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).