O PSdG lamenta o veto do PP á investigación sobre a causa da chegada a Muxía da couza da pataca
20 de abril de 2018 (14:54 h.)
Esta mañá de venres o PSdG levaba ao Parlamento unha proposición non de Lei para investigar as causas da expansión da couza guatemalteca e intensificar e mellorar os controis fronte a esta polilla que afecta á pataca galega. Unha moción que non saíu adiante ante a oposición do PP.
O Portavoz de Gandaría do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, lamentou hoxe o veto do PP e aproveitou para criticar a “mala xestión” do goberno galego fronte á praga da Couza Guatemalteca xa que, afirmou, “estamos a falar dunha iniciativa que debería estar resolta” e “unhas medidas que tamén deberían estar resoltas”. Manifestou que a Xunta “fixo unha previsión fracasada, pois no 2015 xa era coñecedora da presenza da couza”.
Do mesmo xeito, rematou facendo referencia á “preocupación dos afectados e a xeración dunha situación de descoñecemento nas zonas limítrofes ás afectadas”. Fixo referencia ó caso de Muxía, onde “se coñeceu pola prensa que estaba afectado pola couza guatemalteca”.Novas da couza da pataca
- 12-04-18: Medio Rural constata que non se localizaron máis puntos infestados pola praga da pataca.
- Novas charlas informativas na zona tapón da couza da pataca
- Cee tamén bota patacas.
- A Xunta, que xa retirou 3.700kg de pataca en Muxía, informa aos alcaldes da zona tapón.
- Vimianzo xa se move ante a ameaza da couza da pataca.
- Marzo 2018: Muxía, primeiro concello da Costa da Morte afectado pola couza guatemalteca da pataca.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).