O pulpo Caramiña, novo eurodiputado

O pulpo Caramiña no Parlamento Europeo

Si a pasada semana foron os embaixadores junior do IESP Pedra da Aguia os protagonistas coa súa semana de inmersión lingüística en Os Peares, esta semana foi o seu coordinador, Jacobo Santos, quen acaparou tal distinción. Acompañado polo “pulpo” Caramiña, Santos participou nun curso de formación de tres días que tivo lugar no Parlamento Europeo de Bruxelas, e no que participaron ademais doutras tres escolas embaixadoras españolas, máis de 80 escolas embaixadoras europeas.

Jacobo Santos co pulpo Caramiña do Parlamento Europeo

Tanto éxito tivo a mascota costeira, que case que ten que quedar no Parlamento para levar a voz da pesca artesanal galega. Ataviado cun gorro rematado con encaixe da zona e unha chapa identificativa do Centro, a mascota deixouse fotografar en diferentes lugares e con personalidades como a Directora do Comité Económico Social Europeo, Isabel Caño.

Un fermoso xeito de ensinar dous dos distintivos máis singulares de Camariñas e da Costa da Morte por Europa.

Polo outro lado o IESP Pedra da Aguia comprometeuse en Europa a apoiar a campaña das eleccións europeas, #estavezvoto.

Xa pensan os rapaces na participación o próximo 14 de decembro no debate entre os catro europarlamentarios europeos, que terá lugar na Diputación da Coruña, e ao cal o Centro foi amablemente invitado por EuropeDirect.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/pouco-entre-todos-e-moito-o-lema-da-campana-solidaria-de-nadal-das-parroquias-de-coristanco-e-o-ies-pedra-da-aguia/ https://quepasanacosta.gal/inmersion-linguistica-nos-peares/ https://quepasanacosta.gal/o-ies-pedra-da-aguia-afronta-un-axitado-curso-como-escola-embaixadora-do-parlamento-europeo/