Outras 50 casas da Camariñas únense ao programa de Compostaxe Caseira

50 casas de Carballo xa teñen o seu composteiro. Mentres, por Camariñas, xa son 25 fogares de Xaviña os que participan no programa de Compostaxe Caseira dende o ano pasado, pero a iniciativa sustentable segue medrando.

Onte, o Centro de Iniciativas de Camariñas e o Centro Cultural da Ponte do Porto acollían sendas xuntanzas coas vivendas inscritas para participar neste novo programa de compostaxe municipal, que arma o Concello, coa colaboración de Grupo Soil e a asociación Ambientalista Amigos da Terra.

Nunha aposta decididamente pola compostaxe e amplia o número de familias participantes a 50 mais. Serán así máis de 100 familias compostando os seus residuos orgánicos.

Tras a boa experiencia iniciada hai 4 meses coas 25 primeiras familias de Camariñas, o Concello decide aumentar as participantes a 50 máis. O obxectivo deste proxecto é o de reducir os residuos orgánicos producidos no Concello, obter un abono de calidade, e concienciar á cidadanía da problemática asociada aos residuos.

Para isto, o Concello repartirá de maneira gratuita, un composteiro a cada familia participante e un manual de compostaxe para coñecer máis do proceso. Os veciños/as, contarán co asesoramento técnico persoalizado a domicilio e por teléfono, por parte dos técnicos da asociación ambientalista que levará a cabo o proxecto, Amigos da Terra.

Os requisitos necesarios para poder participar neste proxecto esta vez foron diferentes, xa que o proxecto estará aberto a todo o termo municipal de Camariñas: Ser veciño/a do concello de Camariñas, habitar unha vivenda cun pequeño terreo, xardin ou horta ao lado e estar disposto a participar do proxecto. Foron escollidas as 50 familias e onte, 6 de outubro, tivo lugar a primeira fase do proxecto; a formación inicial. Farase en grupos por parroquias e nesta primeira quenda tócalle o turno aos veciños dos nucleos de Ponte do Porto as 18h da tarde no Centro cultural e aos de Xaviña e Camariñas, ás 20h da tarde no Centro de iniciativas. Alí aprenderán os conceptos básicos para comezar a compostar e seranlles entregados os materiais do proxecto.

A seguinte formación será en Camelle, pendente de confirmar a data.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte