Mércores. 24.04.2024
El tiempo

25 familias de Camariñas xa comezaron a compostar

25 familias de Camariñas xa comezaron a compostar
Reciclando para compostar en Camarinas

Xa nos contaron que “Os composteiros caseiros son moi agradecidos, bótaslles residuos e devólvenche compost”. I é que as 25 familias de Xaviña que participan no programa Camariñas Verdes xa están a tope coa reciclaxe e compostaxe.

Hai un par de semanas levaban os composteiros para casa e recibían as primeiras instrucións, e a semana pasada xa comezaron a crear o compost que convertirá os refugallos caseiros, en abono para as súas propias leiras.

E se o proceso é longo, e tardarán meses en obter un bo compost, as primeiras conclusións xa van chegando. Polo de pronto o lixo xerado en cada unha destas casas é moito menor. Ademais, a concienciación medioambiental crece entre as familias participantes e entre toda a poboación, que mira con algo de escepticismo pero como respecto o programa.

E xa veremos cando cheguen os tempos de abonar a terra e non haia que ir mercar…

25 familias de Camarinas compostando na casa

Reducindo a cantidade de lixo producida

O obxectivo do proxecto é o de reducir os residuos orgánicos producidos no concello, obter un abono de calidade, e concienciar aos cidadáns acerca da problemática asociada aos residuos. Para iso repartirase un composteiro de 400 litros a cada familia.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios