O Parlamento aproba por unanimidade a petición dunha Base Aduaneira para Camariñas e a creación da Hospital de Día Oncolóxico de Cee
Hai veces nas que si chegan a acordos os grupos políticos no Parlamento Galego. E esta mañá, por partida doble, a través dunha moción presentada polo BNG e outra polo PP.
Base Aduaneira para Camariñas
Por un lado, a deputada popular de Camariñas Paula Mouzo, presentaba unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central que estableza unha base permanente do Servizo de Vixilancia Aduaneira na ría de Camariñas en A Coruña co fin de reforzar a loita contra o narcotráfico, ao tempo que se modernizan e reforzan os medios materiais e tecnolóxicos deste Servizo, dotándoo de embarcacións máis potentes e manobrables, equipadas coa tecnoloxía necesaria para interceptar narcolanchas e garantir a eficacia das operacións no litoral galego.
Foi aprobada por unanimidade un mes despois de que se chegase practicamente ao mesmo acordo, e Paula Mouzo considerou “imprescindible dotar de máis medios materiais e tecnolóxicos a este Servizo, porque é lóxico contar con medios máis potentes, aumentar a calidade e a cantidade das embarcacións, e de toda a infraestrutura técnica con persoal suficiente”.
Hospital de Día Oncolóxico para Cee
Ademais, os 3 partidos tamén aprobaron por unanimidade unha moción presentada polo BNG para que o hospital de día oncolóxico na Costa da Morte bote a andar en setembro. Así o anunciaba o director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Alfredo Silva, que remarcou que nas próximas semanas se iniciarán as obras do hospital de día oncohematolóxico de Cee, que atenderá pacientes no último trimestre do ano.
O BNG asegurou que vai estar “vixiante” tendo en conta de que se trata dun proxecto que se anunciaba o 13 de xaneiro deste ano cun investimento de 1,4 millóns de euros pero que non tivo avantes ata hoxe.
Silva sinalou que o espazo onde se emprazará o hospital de día está situado na segunda planta do centro, entre as dúas áreas de hospitalización.
creación desta nova prestación sanitaria posibilitará á veciñanza da Costa da Morte acceso a tratamentos especializados sen necesidade de desprazamento ao hospital da Coruña nin de hospitalización prolongada. Así mesmo, mellorará a calidade de vida dos doentes ao ofrecer tratamentos ambulatorios, o que lles permitirá poder recibir atención médica sen interromper significativamente a súa vida diaria.