Unha persoa ferida tras un accidente na entrada de Camariñas
18 de xullo de 2025 (10:46 h.)
Rexistouse un novo accidente esta pasada tarde noite de xoves. Unha persoa quedaba atrapada no seu vehículo tras unha saída de vía na AC-432, concretamente no punto quilométrico 15, á entrada do lugar de Camariñas.
O aviso deuno o 112. Á chegada dos bombeiros do parque provincial de Cee, a persoa que ía no vehículo xa estaba fóra do mesmo sendo atendida nunha ambulancia para ser trasladada, posteriormente, ata o hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
Os bombeiros colaboraron na regulación do tráfico e na limpeza da vía. No operativo tamén participaron Garda Civil de Tráfico de Corcubión, Protección Civil de Camariñas e o 061 de Vimianzo.