venres. 18.07.2025
El tiempo

Unha persoa ferida tras un accidente na entrada de Camariñas

Accidente Camariñas
Unha persoa ferida tras un accidente na entrada de Camariñas

Rexistouse un novo accidente esta pasada tarde noite de xoves. Unha persoa quedaba atrapada no seu vehículo tras unha saída de vía na AC-432, concretamente no punto quilométrico 15, á entrada do lugar de Camariñas.

O aviso deuno o 112. Á chegada dos bombeiros do parque provincial de Cee, a persoa que ía no vehículo xa estaba fóra do mesmo sendo atendida nunha ambulancia para ser trasladada, posteriormente, ata o hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Os bombeiros colaboraron na regulación do tráfico e na limpeza da vía. No operativo tamén participaron Garda Civil de Tráfico de Corcubión, Protección Civil de Camariñas e o 061 de Vimianzo.

Comentarios