Portos interésase pola baranda do Porto de Camariñas que cedeu provocando dous feridos

Mentres no Ézaro seguen os trabalos de búsqueda do corpo do veciño que saíra a pescar o pasado mércores e que nunca voltou, por Camariñas continúan preguntándose como cederon as barandas no porto. I é que a pasada semana dous veciños resultaban feridos ao romperse as barandas de protección do porto, preto da zona do espigón.

O pasado venres, o Presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez Campana, acudiu a Camariñas para interesarse polos feridos e comeza unha ardua investigación, como vemos nas fotos que nos envía Portos de Galicia, para descubrir as causas do accidente.

Ao parecer, o pasado mércores a devandita baranda xa presentaba unha abolladura debido a un posible impacto dunha embarcación. Segundo se puido precisar, entre a tarde do mércores e a mañá do xoves, un incidente -sen clarificar polo momento- provocou a rotura da baranda que foi colocada de novo, no canto de ser retirada e deixada nun lugar visible para súa posterior reparación como se debeu ter feito.

Por este motivo, dende Portos deuse orde inmediata para a reposición da baranda por unha nova. Tamén se ordeou a reposición doutra baranda na entrada do Curbeiro xa que se vira afectada estes días por outro incidente durante un amarre.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Portos de Galicia.