Venres. 19.04.2024
El tiempo

Desaparece un home do Ézaro no mar

Desaparece un home do Ézaro no mar

O mar segue cobrándose as súas rentas. Na noite de onte, xoves 21 de abril de 2011, un home caía ao mar entre o triángulo formado polo Ézaro, as Illas Lobeiras e Lira. Arredor 23:50h chegaba o avisou ao 112 de que faltaba unha persoa que saíra a pescar dende a zona do Ézaro. Foi o seu fillo o que deu o aviso, alertado pola tardanza.

Durante toda a noite estiveron en método do búsqueda efectivos de Salvamento Marítimo (Salvamar Altair dende Camariñas e Don Inda dende Muros), tamén os helicópteros Pesca 1, e Proteccion Civil de Fisterra buscando por terra. O barco foi atopado encallado na demarcación de Duio, ao carón da Illa Lobeira grande. O fillo remolcou o barco ata o porto do Ézaro. Pero do corpo non se saba nada.

Nestes intres os efectivos de Salvamento Marítimo continúan á procura do home.

Queremos enviarlle unha forte aperta a toda o pobo do Ézaro, e concretamente á familia do propio Pepe, á súa dona, Anita de Pichin, e á toda a familia. E agrademos aos veciños da zona que nos avisaron do terrible suceso.

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios