O PP comezou a campaña en Camariñas

Paula Prado e Paula Mouzo en Camarinas

Aínda queda ano e medio para as eleccións municipais de 2027, pero a carreira xa comezou en concellos como Camariñas. Onte, a secretaria xeral Paula Prado visitou a vila do encaixe para ensalzar a labor de Paula Mouzo. Acompañadas do secretario xeral provincial Evaristo Ben, así como os voceiros de Carballo (o deputado Rubén Lorenzo), Fisterra (Luís Insua) e Muxía (Sandra Vilela), fixeron un paseo polo paseo marítimo e lanzaron estas declaracións.

Paula Prado asegurou que a situación de Camariñas é “un grande exemplo do que ocorre onde non goberna o Partido Popular”, lamentando neste sentido que a súa alcaldesa estea “impregnada do peor da marca PSOE” e, en consecuencia, “prefira centrarse en apoiar e protexer a Pedro Sánchez antes que solucionar os problemas máis urxentes do concello”.

Problemas como o “récord negativo” que supón ser o concello con menos inversión por habitante da Costa da Morte. “Inviste pouco máis de 106 euros por veciño”, explicou a número dous dos populares galegos.

“Estou segura de que se o Partido Popular gobernara en Camariñas e Paula Mouzo fora alcaldesa, ela e o seu equipo traballarían para todos os seus veciños e veciñas sen sectarismos e sen deixarse influír pola cor política”, concluíu en apoio á líder local do partido.