Produtores e comercializadores reflexionan sobre a trazabilidade e identificación dos produtos costeiros

Modesto Gómez impartindo a charla

Esta pasada mañá de martes celebrouse en Camariñas o III Foro Cumio Atlántico de Percega que reúne a Produtores e comercializadores da Costa da Morte.

Despois das citas en Malpica arredor das asociacións e de Laxe unindo gastronomía e turismo, a xornada camariñá avaliou a necesidade de mellorar a identificación dos produtos do mar e de agrupalos para exportalos. Tamén se fixo fincapé na importancia da innovación, de crear valor engadido, e da sustentabilidade para mellorar o seu valor.

A primeira hora da tarde, no marco das Atlantic Talks, o economista Modesto Gómez falou sobre as oportunidades de emprendemento e empregabilidade do litoral rural. Os eixos da súa intervención foron cinco: ecoloxía, turismo especializado, industrias alimentarias, actividades de ocio e tempo libre, e servizos, sobre todo, á poboación maior e menores en zonas de maior densidade demográfica.

En total reuníronse uns 30 produtores e comercializadores.

Máis novas