Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Como a gastronomía pode reforzar o valor diferencial do xeodestino da Costa da Morte?

  • Hostalería e touroperadores unen camiños no Foro de Percega
Percega co GALP en Laxe
Como a gastronomía pode reforzar o valor diferencial do xeodestino da Costa da Morte?

Trala xornada de reflexión en Malpica, os Foros de Percega, a Asociación de Percebeiros e Percebeiras de Galicia, achegáronse a Laxe. O museo do Mar acolle unha xuntanza entre a hostalería costeira e o turismo moi interesante.

Persoas dos sectores da hostalería e da gastronomía da Laracha, Camariñas, Muxía, Ponteceso, Malpica e Laxe reuníronse cos turoperadores do sector para falar das vantaxes e desvantaxes do turismo, do uso racional dos recursos do territorio e de como a gastronomía pode reforzar o valor diferencial do xeodestino da Costa da Morte.

No encontro participaron, entre outros, o alcalde e concelleiro de turismo de Laxe, o tenente de alcalde e concelleiro de turismo da Laracha, o voceiro do BNG de Camariñas, o xerente do GALP Costa da Morte ou o presidente de APTCM.

Percega co GALP en Laxe 4

“Valorar o que temos sen caer en estereotipos turísticos” foi un dos aspectos que revoloteu no ambiente das xornadas. Como se pode “abandonar tradicionalismo sen esquecer a tradición”, “espremer recursos sen saquealos”,” establecer modelos de regulación sostibles que satisfagan as necesidades de todas as partes e imitar modelos como o de Bretaña”, son algúns dos temas de interese que se puxeron sobre a mesa.

Innovación

Na segunda parte da xornada, Modesto Gómez ofreceu unha charla para comprender máis como a investigación, o desenvolvemento e a innovación poden contribuír a lograr un “cambio de paradigma beneficioso para o sector e o territorio”. “Identifiquemos os nosos puntos fortes e expresémolos. Enmarquemos as ameazas ás que se enfronta o sector e evitémolas. E aproveitemos as oportunidades que seguramente se nos achegarán. Un bo desenvolvemento –aclarou Gómez– implica unha boa xestión da DAFO como ferramenta”.

E concluíu dicindo: “E, finalmente, unha vez especificado o noso DAFO, non esquezamos nunca innovar de forma disruptiva. Hai que ser diferente. Porque hoxe xa non basta con ser bo. Hoxe temos que diferenciarnos con notoriedade”.

Máis novas

 

 

Comentarios