Quince mozos da bisbarra participan no programa "Deseñando o teu futuro na Costa da Morte"

A Casa de Pedra de Camariñas acolle hoxe - ás 11 horas - a presentación do programa “Deseñando o teu futuro na Costa da Morte”, no que 15 rapazas e rapaces de entre 14 e 17 anos, de Camariñas, Mazaricos, Muxía e Vimianzo participarán en estadías de 5 días en empresas dos catro concellos, na que será a primeira vez na que coñezan de primeira man as actividades económicas da comarca. Na presentación estarán Sandra Ínsua - tenente de alcalde -  e Sergio Caamaño - concelleiro de Emprego de Camariñas - que lles entregarán aos participantes unhas camisetas có logotipo do proxecto. A continuación, os participantes asistirán ao obradoiro “Adestrámonos para a carreira profesional” no que recibirán formación sobre habilidades e ferramentas que axuden a decidir sobre o futuro profesional. O 14 de setembro, cando xa estean realizadas as estadías, realizaranse vistas a catro empresas de Muxía, para dar a coñecer o seu sector hostaleiro, e entregaranse os diplomas no acto de clausura no final da xornada.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).