Quince mozos da bisbarra participan no programa "Deseñando o teu futuro na Costa da Morte"
08:07 05/09/17
A Casa de Pedra de Camariñas acolle hoxe - ás 11 horas - a presentación do programa “Deseñando o teu futuro na Costa da Morte”, no que 15 rapazas e rapaces de entre 14 e 17 anos, de Camariñas, Mazaricos, Muxía e Vimianzo participarán en estadías de 5 días en empresas dos catro concellos, na que será a primeira vez na que coñezan de primeira man as actividades económicas da comarca.
Na presentación estarán Sandra Ínsua - tenente de alcalde - e Sergio Caamaño - concelleiro de Emprego de Camariñas - que lles entregarán aos participantes unhas camisetas có logotipo do proxecto. A continuación, os participantes asistirán ao obradoiro “Adestrámonos para a carreira profesional” no que recibirán formación sobre habilidades e ferramentas que axuden a decidir sobre o futuro profesional.
O 14 de setembro, cando xa estean realizadas as estadías, realizaranse vistas a catro empresas de Muxía, para dar a coñecer o seu sector hostaleiro, e entregaranse os diplomas no acto de clausura no final da xornada.
Máis información
Novas relacionadas
- Aberto o prazo para anotarse no programa “Deseñando o teu futuro na Costa da Morte”
- 30 mozos de 4 concellos deseñan o seu futuro laboral con prácticas empresariais
- O Obradoiro de emprego fisterrán deixa a súa pegada dixital no Camiño.
- QPC como exemplo de experiencia empresarial para os alumnos do Obradoiro de Emprego.
- Os alumnos do Obradoiro de Emprego fisterrán soben ás alturas.
- Un obradoiro de Emprego para 20 desempregados permitirá adecentar o Camiño en Cee, Corcubión e Fisterra.
- 22 mozos soneiráns completaron o Obradoiro comarcal de Emprego e Formación.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).