Recunchos da Costa: Miradoiro do Alto da Vela

De camiño ao Cabo Vilán (dende a Ponte do Porto, non dende a marabillosa senda que une Camelle co Faro), cómpre facer unha paradiña no Miradoiro do Alto da Vela.

Un miradoiro natural, usado historicamente pola veciñanza para ver o estado do mar, dende hai uns anos é ademais unha homenaxe a todas esas mulleres que agardaban palillando aos seus homes e fillos mariñeiros.

Vistas da Ermida da Virxe do Monte e da Punta da Barca dende o Miradoiro do Alto da Vela

Un lugar para degustar as vistas do interior da ría de Camariñas, con vistas en primeira instancia á Ermida da Virxe do Monte, así como a Muxía, ao outro lado, coa Punta da Barca como punta de lanza.

Un lugar ademais ideal para ver as estrellas, afondando no potencial como Destino Starligh da nosa comarca.

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA