Recunchos da Costa: O Cabo, e Faro, Vilán

A visita é espectacular. Ademais, as vistas chegando dende o norte pola pista de zahorra son incribles, cos rochóns facendo de proa do barco do primeiro Faro que utilizou luz eléctrica en España (1896).
Co vento sempre presente, as vistas de todo o Atlántico dende os cantís de máis de 100 metros de altitude, permiten esvaecerse na salvaxe natureza costeira.
A vista complétase por un paseo pola zona sur, onde podemos ver o faro primixenio, de 1854, dende onde podemos ver toda a ría de Camariñas.
O único Faro vivo
Foto: Camiño dos Faros
A visita ao Faro tamén é imprescindible. A Asociación de Empresarios de Camariñas mantén vivo o espazo, o único que sobrevive en toda a bisbarra. Información turística, exposicións, charlas, concertos… a entidade fai o que pode, con poucas axudas, para manter abertas as súas portas. o Faro conta con outra baza especial: A torreira (ou fareira) Cristina Fernández.
Foto nocturna premiada da fareira Cristina Fernández feita por Daniel Llamas
Se conseguides unha visita guiada súa pola exposición permanente do Faro, é algo impagable. A subida pola serpe de escaleiras, ata a bombilla, só reservada para privilexiados, como os trasnos:
Piscifactoría e parque eólico en plena Rede Natura...
O Cabo é tan simbólico como castigado, pois a piscifactoría de rodaballo e o parque eólico son dous claros exemplos da mala xestión da paisaxe en Galicia, sempre poñendo por diante o aproveitamento industrial ao coidado da nosa natureza salvaxe.
Como chegar
Con este completo mapa do Camiño dos Faros, podedes guiarvos perfectamente e chegar ao Faro. Tamén se pode chegar dende Camariñas, pola Ruta Costa da Morte PRG-158.
RECUNCHOS DA COSTA
- As praias de Reira e o foxo do lobo.
- O Cemiterio dos Ingleses.
- As praias do Trece e a Duna Monte Branco.
- O hórreo de Carnota.
- O hórreo de Lira.
- A Fervenza de Noveira.
- O Casco Vello de Corcubión.
- ROs petroglifos de Boallo.
- A ruta do Muíño de Louredo.