Un camariñán de altos sopros

O mozo camariñán Carlos Barcia Trashorras, con 16 anos, vén de gañar a pasada fin de semana o segundo premio no XXIV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina.
A 24ª edición deste concurso realizouse o pasado 26 de maio no Centro Cultural Ágora da Coruña. Participou na modalidade gaiteiro solista categoría única. Acompañouno na súa interpretación á pandereteira María Rama.

Carlos Barcia Trashorras é alumno da Escola Municipal de Música Tradicional do Concello de Camariñas e membro do grupo de gaitas “Con toda en Banda” formado a partir desta escola.

E poderemos os seus veciñosdisfrutar da súa arte o vindeiro 6 de xuño, ás 19:30h, no salón de actos do Colexio “O Areal”, pois terá lugar o concerto fin de curso do Escola de Música Tradicional de Camariñas.

O repertorio inclúe:

  • Pezas tradicionais recollidas polos Concellos de toda Galicia.
  • Pezas do repertorio de grupos tan emblemáticos como foron “Os Campaneiros” de Vilagarcía ou “Os Dezas de Moneixas” de Lalín.
  • Pezas locais coñecidas: “Valse de Camariñas” e “Danza de Arcos de Camariñas”

Tamén remata en breve o curso da Escola de Baile galego, ballet e gymdance o domingo 9 de xuño, ás 17:00h, na Casa de Pedra.

E ademais, en ton literario, a concelleira de Cultura Sandra Insua Rial fará entrega a tódolos centros educativos do concello dun maletín coa Biblioteca Básica dos Bolechas, os coñecidos personaxes de Pepe Carreiro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).